Día dos datos abertos 2020

Venres, 28 Febreiro 2020

O 7 de marzo de 2020 celébrase o “Día dos datos abertos 2020” (celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo), polo que en moitas partes realízanse xornadas e eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises.

Todos os traballos realizados serán abertos para poder reutilizarse libremente.

O enfoque este ano céntrase en catro áreas:
– Datos ambientais
– Rastrexo de fluxos de diñeiro público
– Mapeo aberto
– Desenvolvemento equitativo

En Galicia, a Asociación Melisa e Bricolabs están organizando o “Día dos datos abertos 2020” en A Coruña.

Tedes máis información sobre este evento na nova de Mancomún.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal