Mancomún

eCos, sistema operativo en tempo real (RTOS)

Martes, 31 Marzo 2009

http://ecos.sourceware.org/ecos/ecos.gif eCos é un sistema operativo de tipo embebido que funciona en dispositivos con diversas arquitecturas, entre elas x86, PowerPC, Sparc, IA32, MIPS, ARM, etc… Actualmente o proxecto está xestionado pola FSF, aínda que anteriormente era de Red Hat, mais esta última decidiu doar o código á FSF. Posteriormente, Red Hat seguiu ofertando unha versión baseada na capa de abstracción de hardware de eCos, e a que deron en chamar RedBoot.

Orixinalmente foi desenvolvido como sistema operativo de tempo real para dispositivos pequenos e con capacidade de memoria limitada. Un sistema operativo de tempo real (RTOS), en resumo, é aquel que cando hai unha operación que non pode esperar a ser executada (acción en tempo real), o sistema operativo debe executala no momento, incluso sen esperar ás tarefas do kernel. Ademais, o tempo que o sistema tarda en atender a un evento destas características ten que ser completamente predecíbel.

A última versión dispoñible de eCos é a 3.0, e outras alternativas de RTOS (ademais de moita máis información sobre os mesmos) pódense atopar na seguinte ligazón da Wikipedia…
http://wikipedia.org/wiki/RTOS

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal