Mancomún

"El cosmonauta" será a primeira película española con licenza Creative Commons

Xoves, 30 Xullo 2009
El Cosmonauta"El cosmonauta" é unha película de ciencia ficción producida, de distintas maneiras, por unha gran cantidade de persoas entre as que se pode incluír un mesmo. Con tan só facer unha doazón mínima de 2 €, pasas a ser automaticamente produtor da mesma (alén de recibir diversos agasallos).

Actualmente a cantidade de produtores supera as 650 persoas e a cantidade de cartos obtida para a financiación do proxecto está a piques de chegar aos 300.000 €, un 65% do que necesitan. Na seguinte ligazón explican as vías de financiamento da película e máis o presuposto necesario.

Ademais, a licenza CC-Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza, permítenos poder dispoñer de todos os materiais da película, incluída a mesma película. Trátase de cine de código aberto, tal e como xa o definimos anteriormente en Mancomún.

Así o explican na páxina da película:
"Imaxina que che gusta uno dos pósters que fixemos. Podes descargalo, modificalo e usalo para o concerto que organizaches. Imaxina que estás filmando un documental sobre astronautas e necesitas unha imaxe dun cosmonauta camiñando por unha cidade. Busca nas imaxes da película e se che serve algunha, úsaa."…

"As únicas limitacións que tes respecto ao noso material é a obriga de citarnos como fonte orixinal sempre que o utilices, e claro,que todo o que fagas ou xeneres con el teña a mesma licenza."

De produtor a inversor

As persoas interesadas en invertir no proxecto poden facelo desde a páxina web comprando algún dos artículos da tenda ou simplemente facendo unha doazón. Todos os pequenos produtores teñen os mesmos dereitos e vantaxes, a non ser que a súa doazónn acade a cifra de 1.000 €, coa que automaticamente se converten en inversores.

Os inversores compran un tanto por cento da película que, no momento que teña beneficios, lles reportará a eles tamén a súa parte.

Máis información na páxina da película:
http://elcosmonauta.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal