Mancomún

Elastix, distribución para PBXs baseadas en Asterisk

Martes, 9 Setembro 2008

Logo de elastix Elastix, segundo os seus creadores, é unha distribución GNU/Linuxque integra baixo unha única interface as mellores ferramentas dispoñibles para montar unha centralita (PBX) baseada en Asterisk. Os obxectivos desta distribución son a fiabilidade, a modularidade así como a usabilidade.

Entre as súas características atopamos o soporte para videollamadas, reenvío de faxes recibidos ao correo electrónico, configuración  gŕáfica dos parámetros de rede, interface para facturación…Na súa web teñen dispoñibles numerosas capturas de pantalla.

Acaban de publicar a versión estable 1.2, na que ademais de actualizar as aplicacións incluídas, ás últimas versións, corrixen numerosos erros e engaden novas funcionalidades.

No anuncio feito polos desenvolvedores destacan a inclusión dun módulo de rexistro (log) para Asterisk que aumenta considerablemente as posibilidades de ter informes moito máis específicos e completos que en versións anteriores; ou a conexión do módulo do calendario coa libreta de enderezos o que permite establecer alarmas que realicen chamadas a teléfonos da axenda …

Pódense ver todas as novidades na páxina de cambios do proxecto .

Fonte: Barrapunto

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal