O Máster de Software Libre promovido por Igalia, CaixaNova e LibreSoft xa se encontra no seu ecuador e, desde Igalia, achegan un pequeno resumo do que está sendo o transcurso desta 2ª edición.
Así podemos atopar diferentes ligazóns aos materiais liberados durante a presente edición, presentacións sobre relatorios, conferencias e talleres que tiveron lugar, etc…
Algunhas destas conferencias foron:
- Kernel de Linux – Alberto García, de Igalia.
- Sistemas debian – Alberto González Iniesta, desenvolvedor de Debian de Inittab.
- eBox platform – Javier Uruen, de eBox technologies.
- Sistemas de paquetes rpm – Rodrigo Moya, desenvolvedor de Gnome
Recordamos tamén que á finalización deste máster, Nokia vai conceder bolsas a varios alumnos, para realizar o practicum nas súas instalacións en Helsinki (Finlandia)…
Máis información na fonte orixinal da nova no blog de Igalia
Máis información sobre o Máster en http://www.mastersoftwarelibre.com
