A Universidade do País Vasco UPV/EHU financiou un estudo comparativ de aplicativos libres que libera con licenza Creative Commons BY-NC-SA (Recoñecemento – Non Comercial – Compartir baixo a mesma licenza).
Este estudo dividiuse en dúas partes: na primeira, faise unha análise comparativa dos aplicativos libres co obxectivo de definir o conxunto dos “corporativos” para a UPV-EHU e, na segunda parte, analízanse aqueloutros aplicativos orientados a cubrir a oferta educativa da Universidade.
Esta análise comparativa fíxose por categorías de software, escollidas tendo en conta a súa importancia e grao de uso na Universidade. Partiu da base dunha lista xeral dos que están instalados actualmente nos sistemas informáticos da UPV en calquera das 3 provincias da comunidade autónoma. As categorías para a parte corporativa son: administración de sistemas, multimedia, escritorio e Internet; mentres que no caso dos aplicativos educativos son: matemática, enxeñaría, informática, administración empresarial, deseño e outras.
No estudo detállanse os criterios definidos para a puntuación dos analizados e, ao final, inclúense táboas resumo, que reproducimos a continuación, cos programas mellor valorados.
Aínda que, na declaración de obxectivos deste estudo, se menciona que se buscan aplicativos libres… na escolla final cómpre mencionar que non todas son libres, nalgún caso son privativas cando non atoparon alternativa libre que cumprise todas as necesidades.
O estudo está dispoñíbel para a súa descarga en formato PDF e en formato ODT.
- Estudo comparativo UPV-EHU de aplicacións corporativas (PDF) (ODT)
- Estudo comparativo UPV-EHU de aplicacións educativas (PDF) (ODT)
Fonte: DiarioLinux


