Mancomún

A Rede inaugura mañá un centro no Vicedo

Luns, 16 Marzo 2009
RedeA Rede de Dinamización da Sociedade da Información inaugura mañá ás 19 horas un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información no Vicedo. A nova aula estará localizada na rúa Cidade de Mondoñedo, no número 23.

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información do Vicedo está totalmente equipado para que o persoal dinamizador da Rede de Dinamización poda achegar á poboación as novas tecnoloxías. O centro acollerá diversos obradoiros de índole tecnolóxica variada, como poden ser de iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.

A Consellaría de Innovación e Industria dotou este centro cun equipamento informático conformado por 8 ordenadores, 4 cámaras web, 7 lectores de DNI electrónico, dúas impresoras (a cor e en branco e negro), un escáner, un canón proxector e unha cámara de fotos dixital. Este hardware traballará integramente sobre aplicativos de fontes abertas.

Cabe destacar que, antes da inauguración deste centro, a Rede xa estaba presente no Vicedo, onde iniciou a súa actividade en febreiro de 2007. Desde esa data, foron xa 175 os usuarios e usuarias que se deron de alta para usar as instalacións da Rede. Un 56% destes son mulleres. Se atendemos ás idades, un 22% teñen entre 25 e 34 anos, un 17% están entre 35 e 44 e un 16% entre 16 e 24.

Asemade, desde xaneiro do 2008, fixéronse 1.340 usos das instalacións da Rede en horario de aula aberta -no que se pode acceder libremente ao uso dos computadores-. Tamén hai que destacar que se levan realizados 55 obradoiros, nos que se formou a 216 persoas ao longo de 503 horas. A composición destes participantes foi dun 58% de mulleres. Mirando as idades, un 22 tiñan entre 55 e 64, un 21% eran maiores de 65 e un 15% situábanse entre os 35 e 44 anos.

Fonte: Rede de Dinamización 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal