Os preparativos para a décima edición do Fórum Internacional de Software Livre, FISL, o maior encontro de comunidades de software libre de América Latina, está xa en marcha. O encontro, que este ano se celebrará entre os días 24 e 27 de xuño en Porto Alegre, mantén aberto até o vindeiro 6 de abril a recepción de traballos e artigos para a participación no Workshop de Software Libre (WSL). O WSL é unha reunión científica que, enmarcada no contexto do Fórum, ten como obxectivo reunir profesorado, persoal investigador, estudantado e profesionais para a presentación de traballos de investigación e de desenvolvemento relacionados coas tecnoloxías e os estándares abertos.
A temática e as características destes documentos están referenciadas no sitio do encontro. O día 11 de maio, rematado o prazo de recepción, faranse públicos os resultados das comunicacións, que terán até o día 18 de maio para o envío da versión final.
Fonte: FISL
