Mancomún

OpenOffice.org: 11 millóns de usuarios activos en Estados Unidos

Luns, 16 Marzo 2009

En Galiza, o uso de ferramentas ofimáticas acada unha presenza do 13,3% nas PEME e un 57,7% nos centros de ensino.

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif

Un recente estudo de CNET, conclúe que OpenOffice.org, a suite ofimática multiplataforma de software libre e seria alternativa ao Microsoft Office ™, ten un total de 11 millóns de persoas usuarias en activo só nos EE.UU.

Estes datos foron extraídos tomando como base o 72,5% da poboación que ten acceso á Internet e contado o 5% de cota de mercado que lle asignou en novembro ClickStream a OpenOffice.org. É dicir, que os datos non están baseados en descargas ou instalacións constatadas, senón dos datos recollidos de ter instalado un sistema de seguimento en 2400 equipos.

No que se refire ao ámbito galego, nos recentes informes de SwL publicados polo OGSI en colaboración con Mancomún, vemos que a tendencia ao uso dunha suite ofimática en software libre está moi presente xa que actualmente, do total das PEME, un 13,3% usa un aplicativo ofimático libre; e nos centros de ensino esta porcentaxe é moi superior acadando un 57,7% de centros que usan aplicativos ofimáticos de software libre…

http://www.mancomun.org/images/SoftwareLibre/peme_app_swl_small.jpg

http://www.mancomun.org/images/SoftwareLibre/ensino_app_swl_small.jpgGráficas extraídas dos informes de software libre do ano 2008 (OGSI).

Fontes:

http://www.theinquirer.es

http://www.ogsi.sociedadedainformacion.eu/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal