Esta fin de semana ten lugar en Cornellà, Cataluña, a European Ruby Conference (EuRuKo) 2009. Neste acto presentaranse distintas charlas relacionadas coa linguaxe Ruby, tratando temas como xogos en Ruby ou manipulación de imaxes, entre outros.
Un asistente destacado destas conferencias, organizadas polo Grupo de Usuarios de Ruby en España (Spanish Ruby Users Group, SRUG), será Yukihiro Matsumoto, o creador da linguaxe.
Outra característica da EuRuKo a destacar son as “charlas exprés”, pequenas charlas de cinco minutos moderadas polo Mestre das charlas exprés e o seu desapiadado gong: Unha vez que o falante teña todo disposto, soará un gong. Nese momento, disporá de cinco minutos, e nin un segundo máis, para falar.
Ruby é unha linguaxe de programación interpretada, reflexiva e orientada a obxectos, que Matsumoto (“Matz”) comezou a deseñar aló polo ano 1993, e se presentou ao público no 95. Ruby distribúese baixo unha licenza libre.
Fonte: http://eventos.barrapunto.com/article.pl?sid=09/05/06/1212222
