GALPon únese á campaña da FSF “Diñeiro público – Código público”

Venres, 22 Setembro 2017

O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) sumouse á campaña promovida pola FSF co gallo do Día da Liberdade do Software nomeado Public money – Public code, asumindo a súa carta aberta e figurando na súa páxina como Supporting Organisation.

Ase mesmo, Andres Bott, membro da asociación, replicou as viñetas de difusión da campaña ao galego e ao castelán. Estas viñetas podedes descargalas do Github de GALPon xunto cos demais recursos que son, obviamente, libres (GPLv3).

Cada ano a FSF busca un leit motiv e desta volta corresponde esta campaña que pretende artellar unha vía para chegar á concienciación dos cidadáns e dos políticos sobre este importante tema.

Colaboración de GALPon coa AMTEGA

A través do Convenio de colaboración coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL) a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) apoia o labor social e voluntario que as AGUSL que veñen desempeñando a prol do fomento, desenvolvemento e implantación do software libre en Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal