Google Season of Docs: programa para documentación de proxectos abertos

Venres, 5 Abril 2019

Google pon en marcha Season of Docs, nova iniciativa destinada a mellorar a documentación e a calidade dela, nos proxectos abertos. Nace dunha enquisa realizada no 2017 en GitHub, na que se extrae que a documentación deste tipo de proxectos non soe ser de calidade.

Ten como obxectivo fomentar as contribucións de redactores técnicos cualificados en proxectos de código aberto que o necesiten.

“Os redactores técnicos saben como estruturar un sitio de documentación para que as persoas poidan atopar e entender o contido. Saben como escribir documentos que se axusten ás necesidades da súa audiencia. Os redactores técnicos tamén poden axudar a optimizar os procesos dunha comunidade para a contribución de código aberto e a incorporación de novos colaboradores”

O prazo para apuntarse remata o 23 de abril.

Máis información sobre os requisitos necesarios e inscrición:
https://developers.google.com/season-of-docs/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal