Podemos ler en knopper.net acerca do lanzamento de Knoppix 6.0 .
Esta distro é unha das máis experimentadas do mundo GNU/Linux. Foi das primeiras en incorporar o sistema CD-vivo, moi coñecido hoxe en día, pero realmente revolucionario no seu momento. Moitos usuarios de sistemas GNU/Linux coñeceron estes sistemas grazas a un CD de Knoppix.
Nesta versión 6 preséntanse varias novidades:
- Alta compatibilidade coa súa base Debian . Quitando algúns ficheiros de configuración, non hai ningún cambio no sistema de instalación de Debian.
- Procedemento de arranque acelerado. Emprégase un sistema de scripts de arranque SysV, pero con moitas tarefas do arranque do sistema que se executan en paralelo. Reduciuse o tempo de arranque a aproximadamente a metade que con versións 5.x
- Emprégase LXDE como contorno gráfico. LXDE é un escritorio lixeiro e rápido, con poucos requerimentos. Como está baseado en Gtk2+, funciona moi ben con Orca .
- Reduciuse drasticamente a cantidade de programas instalados para esta primeira versión en CD.
- A configuración da rede xestionase a través de NetworkManager , e con nm-applet no modo gráfico e con menús textuais se estamos no modo texto
ADRIANE: ADRIANE (Audio Desktop Reference Implementation And Networking Environment) é un sistema de menú falante, concibido como sistema destinado a persoas con deficiencias visuais.
Nesta versión, ADRIANE é o modo de arranque por omisión. Así, as persoas invidentes poderán empregar o sistema sen ter que introducir ningún parámetro de arranque.
Para obter máis información, como as opcións de arranque ou o sistema de navegación, visite a nova do lanzamento (en inglés) na páxina knopper.net
