Mancomún

KOffice lanza a primeira Beta da versión 2.0 da súa suite ofimática

Martes, 30 Setembro 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/koffice-logo.pngA suite ofimática KOffice 2.0 xa sacou a beta da versión 2.0. Como non é Software Libre e multiplataforma. De momento está dispoñible para Linux con KDE ou GNOME, Windows e Mac OS X (nun futuro esperan ter versións para Solaris). KOffice pode ser unha boa alternativa para os que non gusten do OpenOffice.org.

KOffice componse das seguintes aplicacións:

  • KWord, procesador de textos.
  • KSpread, folla de cálculo
  • KPresenter, xestor de presentacións.
  • KPlato, xestor de proxectos de software.
  • Karbon, editor de gráficos vectoriais.
  • Krita, editor de gráficos normais.

Respecto de a primeira versión podemos dicir que mellora os seguintes aspectos:

  • Unha maior integración entre os diferentes módulos e co sistema operativo no que se execute grazas a que se constrúe sobre Qt e as bibliotecas de KDE.
  • Todos os módulos poden intercambiar datos entre eles de forma sinxela e eficaz.
  • Os módulos teñen un aspecto unificado, cun manexo de barras de tarefas optimizado.
  • KOffice traballa co formato OpenDocument (estándar ISO) como predeterminado.

As notas desta versión pódense consultar aquí:
http://koffice.org/announcements/announce-2.0beta1.php

Lista de cambios:
http://koffice.org/announcements/changelog-2.0-beta1.php

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal