Mancomún

Convocatoria de eleccións GLUG en Outubro

Martes, 30 Setembro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/glug.png Visto na páxina do GLUG:

“O próximo venres 31 de outubro terán lugar en Santiago as eleccións para a próxima xunta directiva do GLUG. O proceso terá lugar como segue. A partir deste anuncio haberá un período de aproximadamente dúas semanas, ata o 14 de outubro, para a presentación de candidaturas; e dúas semanas máis para unha posible campaña electoral.

Onde terá lugar e a que hora exactamente queda por determinar, pero as/os socios serán notificados cos suficientes días para que poidan exercer os seus dereitos. Anímase tamén a quen queira debater calquera asunto relacionado con estas eleccións a usar a rolda xeral do Glug, da que se pode informar ou mesmo subscribir no seguinte enderezo, glug.es/roldas.”

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal