Mancomún

KDE 4.2 traducido ao galego ao 99%

Martes, 30 Setembro 2008
Dende o proxecto Trasno avísannos de que a futura versión KDE 4.2 xa está traducida ao galego ao 99% e que o galego está no terceiro posto da lista de equipos de tradución
Equipos de tradución de KDE 4.2

Hai apenas dous meses, coa saída da versión de KDE 4.1, anunciabamos que o galego ocupaba o posto número 10 na lista de equipos de tradución. O esforzo da comunidade de tradución de KDE durante este tempo, ten como recompensa esta merecida medalla de bronce.

Esta versión de KDE está prevista para finais de xaneiro, como se pode ver na planificación, aínda que a primeira versión beta agárdase para o 18 de novembro, data na que tamén se conxelan as traducións.

As novas funcionalidades que incluirá esta versión pódense consultar tamén na web de KDE.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal