Este estudo recolle e analiza un amplo compendio de información relevante en torno ao software libre na Administración Pública española e ofrece unha panorámica xeral de experiencias de adopción e utilización desta tecnoloxía en diversos ámbitos.
O traballo contempla cifras relativas ás políticas de adopción de software de fontes abertas nas entidades locais. Entre os municipios de máis de 500.000 habitantes prodúcese o maior aumento desta actividade, xa que o 57 por cento destas localidades están a desenvolver este sistema, polo 17 por cento do ano anterior, segundo datos do informe Reina 2005 e 2006…
No entanto, asegura que será necesario o “despregamento simultáneo” dun plan de formación para usuarios e persoal técnico debido á escasa práctica con esta ferramenta. Así, o estudo mostra que un 87 por cento das empresas enquisadas considera que é necesario acompañar a implantación de software libre con plans de formación.
Outras recomendacións apuntan á necesidade de celebrar xornadas técnicas específicas sobre software libre nas administracións públicas; o establecemento de puntos de encontro, mediante a creación de foros e estruturas de comunicación estables; así como a definición e execución dun plan de comunicación integral que explique as vantaxes deste sistema.
Segundo o secretario de Estado para as Telecomunicacións e a Sociedade da Información, Francisco Ros, este informe é “un paso necesario para coñecer a actual situación das administracións”. Ros destacou o papel relevante que ocupan as redes libres en Internet e recordou que o 26 por cento dos contidos na Rede xa son producidos polos propios internautas.
http://www.laflecha.net/
