Mancomún

Liberada a versión final do VLC 1.0.0

Mércores, 8 Xullo 2009

VLCO equipo de desenvolvemento de VideoLan anunciou recentemente o lanzamento de VLC 1.0.0, na súa versión final. Este reprodutor multimedia de código aberto, é considerado para moitas persoas usuarias, dende hai moito tempo, o mellor no seu eido.

Ademais de ser multiplataforma, ten a característica, que a fai destacar sobre outros aplicativos similares, de que non precisa ningún códec, sendo compatíbel con todo tipo de formatos de audio e vídeo(MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4, DivX, mp3, ogg, DVD, VCD, protocolos de streaming, etc.).

As melloras máis sobranceiras desta versión son:

  • Ofrece novos códecs HD (Dolby Digital Plus, AES3, TrueHD, Blu-Ray Linear PC, Real Video 3 e 4, etc) , Dirac e MP3.

  • Escalado de vídeo en pantalla completa.

  • Novos controis de reprodución, que foron axustados canto á súa velocidade de resposta.

  • Streaming a través de AirTunes.

  • Compatibilidade con dispositivos MTP baixo GNU/Linux.

Tamén cómpre subliñar que nesta nova versión engádense novas barras de ferramentas personalizábeis, unha interface QT e unha mellor compatibilidade e integración con GTK. Ademais destas melloras tamén se solucionaron numerosos erros que aparecían nas anteriores versións, 0.8.6 e 0.9.x.

O VLC 1.0.0 está dispoñíbel na web oficial do equipo de desenvolvemento de VideoLan, á cal podes acceder dende a seguinte ligazón para descargalo:

http://www.videolan.org/vlc/

Fontes: http://www.elotrolado.net/noticia_publicado-vlc-media-player-1-0-0_16447

http://www.visualbeta.es/11776/software-libre/vlc-100-disponible/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal