Mancomún

Linux será o primeiro sistema operativo en ser compatíbel co novo USB 3.0

Mércores, 10 Xuño 2009

usb 3.0Lemos no blog dunha desenvolvedora de Intel o seguinte:

"O primeiro código fonte para facer que os dispositivos USB 3.0 funcionen en Linux xa está na miña árbore de repositorio “git” de kernel.org. Os parches para o kernel están encolados para a versión 2.6.31 que debería chegar sobre setembro deste mesmo ano. Esta é unha estupenda noticia xa que NEC anunciou recentemente que comezaría a distribuír 1 millón de controladoras PCI para estes dispositivos.

Isto implica que Linux será o primeiro sistema operativo con compatibilidade oficial con USB 3.0"

A persoa en cuestión traballa para asegurarse de que as distintas distribucións de Linux, como Ubuntu e Red Hat usen este código para o controlador xHCI. Os usuarios avanzados poden compilar o seu propio kernel en calquera distribución estándar…
Como a propia desenvolvedora menciona: “este foi un proxecto xigante no cal leva traballando no último ano e medio e é moi gratificante ver o código finalmente liberado e ver que o hardware xa ven en camiño.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal