Os responsábeis de LXDE, debido a que cada vez con máis frecuencia se atopan coa pregunta de cando van liberar LUBUNTU, informaron recentemente no seu blogue que se puxeron en contacto coa comunidade Ubuntu e reuníronse con Mark Shuttleworth (fundador de Canonical Ltd.) en Berlín; marcoulles este o primeiro paso ao ofrecerlles entrar a formar parte como proxecto autosostido dentro da comunidade Ubuntu, cunha distribución co contorno LXDE, denominada LUBUNTU, porque aínda non existe unha distribución chamada así, malia que os responsábeis de LXDE recibiran numerosas preguntas sobre esta distribución.
O primeiro síntoma de que hai interese en levar adiante este proxecto, é que o dominio lubuntu.org foi redirixido cara a páxina oficial do proxecto LXDE, dándolle certa oficialidade e mostra un compromiso adquirido polo proxecto LXDE para que a distribución LUBUNTU vexa a luz a medio-curto prazo.
LXDE (Lightweigth X11 Desktop Enviroment), trátase dun contorno de escritorio X11 moi lixeiro publicado baixo a licenza GPL, que se presenta coma unha alternativa real a KDE e GNOME sen ser tan complexo coma estes. É moi usábel aínda mantendo unha baixa utilización dos recursos e emprega Openbox coma xestor de xanelas predeterminado.
Unha diferenza importante respecto doutros contornos de escritorio está nos seus compoñentes, que non están integrado de xeito qeu permite empregalos independentemente, segundo os aplicativos e con moi poucas dependencias.
Fontes: http://www.linuxhispano.net/portal/noticia/lubuntu-serie-ubuntu-entorno-lxde
