Mancomún

Madrid acolle unha xornada sobre seguridade aplicada ao Software Libre

Luns, 2 Xuño 2008

Hispafuentes, empresa nacional adicada á comercialización de produtos e servizos do mundo Linux e do Software Libre, celebrará o próximo 18 de xuño a primeira xornada en Madrid de seguridade aplicada ao Software Libre. Está destinada a todos aqueles profesionais que desenvolven a súa actividade en grandes empresas e administración pública, e que desexen estar ao tanto nas últimas innovacións neste eido.

A apertura do evento correrá a cargo da Fundación CENATIC, quen desde a súa posición de referencia na aplicacións de tecnoloxías da información e comunicación baseadas en fontes abertas, exporá a situación actual do software libre en España…

O groso dos relatorios enfocarase cara distintos aspectos relacionados cos máis recentes avances en Software Libre e seguridade informática, coa particularidade de ser impartidas por expertos profesionais de compañías de gran prestixio como son Lumension Security ou a propia organizadora Hispafuentes.

Fonte e programa da xornada:
http://www.laflecha.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal