Un proxecto de lei do Congreso de EE.UU. para o ano fiscal 2009 en materia de defensa aconsella “considerar o uso de software aberto pola redución de custos e a seguridade do mesmo” para vehículos aéreos tripulados e non tripulados.
Segundo explicou o Comité para os Servizos Armados, existe unha preocupación polo aumento dos custos e a diminución da seguridade asociados co desenvolvemento de software para os sistemas de tecnoloxía da información. Nun informe sinalan ademais que “o aumento dos custos vinculados á crecente complexidade do software, que tamén deu lugar a un maior número de vulnerabilidades do sistema poderían ser explotadas por usuarios malintencionados e posibles adversarios”.
Épor iso polo que o Comité “alenta ao Departamento a establecer unha estratexia baseada en software de código aberto para a adquisición de naves non tripuladas e os seus sistemas”.
Fonte: Viva Linux!
