
Mañá sábado 17 de xaneiro dará comezo o Plan de capacitación TIC en Software Libre promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, que ten como obxectivo dotar as empresas TIC galegas dos coñecementos necesarios para a implantación e para o apoio técnico de servizos básicos en software libre.
A distribución das distintas sesións será a seguinte:
Módulo 1: Introdución á planificación de proxectos de implantación e soporte en SwL (5 horas)
- Data e horario: Sábado 17 de xaneiro de 09:00 a 14:00
- Lugar de celebración:
Cámara de Comercio de Vigo
Rúa República Arxentina 18 A, 36201 Vigo (Pontevedra)
Tel. 986 43 25 33, Fax. 986 43 56 59
Módulo 2: Implantación e soporte de servizos básicos en SwL (60 horas)
- Datas e horarios: Dende o venres 23 de xaneiro até o sábado 21 de febreiro nas fins de semana consecutivos nos horarios seguintes:
- Venres de 16:00 a 20:00
- Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
- Lugar de celebración:
Colexio Vivas
Centro Homologado de Formación Profesional
Rúa Príncipe, 17 e Policarpo Sanz, 20 – Vigo
Telf. 986 22 70 85 | Fax 986 22 38 00
Para coñecer con maior detalle os contidos do plan pode consultar o
programa completo.