Hai oito anos, o 15 de xaneiro de 2001, publicábase Drupal 1.0.0. Na nota en drupal.org felicítanse por un gran ano, no que se produciu o lanzamento da versión 6, e se recibiron unha morea de premios e recoñecementos. Ademais, á comunidade chegaron moitos novos contribuidores e usuarios. Parabéns ao proxecto Drupal e á súa comunidade de usuarios.
