Mancomún

Mancomún imparte este mes un curso de contabilidade con AbanQ no concello do Grove

Martes, 8 Xullo 2008

http://www.mancomun.org/images/banners/rededinamizacion.pngMancomún en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e máis o concello do Grove está impartindo un curso de contabilidade durante este mes.

Desde o día 7 até o 22 de xullo desenvolverase no Grove o curso de Contabilidade, no que se empregará o programa de software libre AbanQ, coñecido anteriormente como FacturaLux. O curso levarase a cabo na Aula da Rede de Dinamización situada no primeiro andar da Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey, en horario de luns a venres de 20 a 22 horas.

Con este curso preténdese que os e as asistentes adquiran coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contábel e analizando os resultados e balances, así como familiarizarse cos supostos de contabilidade financeira e de sociedades actualizados, traballando coas situacións producidas nunha empresa real…

Fonte:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal