Mozilla Labs xa está a ofrecer unha versión para Linux (enfocada a dispositivos Nokia N8x0) do seu esperado navegador móbil (baseado en Firefox). “Fennec” (que é o nome que se lle puxo a este proxecto) verá a luz nunha fase xa definitiva nunhas semanas.
Fennec, que se executará en procesadores x86 e ARM tanto en dispositivos móbiles con Windows e Linux, leva máis dun ano en continuo desenvolvemento.
Co obxectivo de “ofrecer unha experiencia de navegación web real nos dispositivos móbiles e outros dispositivos que non sexan PC”, o navegador incluirá unha ferramenta que permitirá a migración de cookies, marcadores, historial, datos dos formularios e outra información que teñamos almacenada no noso navegador do PC de escritorio…
Mozilla di que Fennec usa o núcleo de “Gecko” como motor de renderizado ao igual que Firefox, e incluso máis importante será que compatible coa arquitectura de extensións do navegador de escritorio.
Con máis de 200 millóns de usuarios, Firefox converteuse nun popular “ecosistema” para as extensións, que permiten engadir novas funcionalidades ao navegador.
Máis información, incluíndo capturas de pantalla e información de como obter unha copia, pode ser atopada aquí:
https://wiki.mozilla.org/Mobile/Fennec/Releases/M8
