Nextcloud Hub, solución para empresas

Luns, 3 Febreiro 2020

Nextcloud Hub chega como solución colaborativa de código aberto, pensada para os equipos dunha empresa, que che permite compartir e colaborar en documentos, enviar e recibir correo electrónico, xestionar o teu calendario ou ter conversacións de vídeo, entre outras.

Proporciona os beneficios da colaboración en liña, sen riscos de seguridade e cun control total dos datos almacenados.

Componse de Nextcloud Files, Nextcloud Talk e Nextcloud Groupware.

Integra edición de documentos, introduce fluxos de traballo (converte automaticamente os documentos a PDF, envía mensaxes ás salas de chat), espazos de traballo enriquecidos, bloqueo de arquivos e outras características avanzadas.

Conta cunha galería de imaxes coa que atopar, navegar e compartir imaxes sexa moi fácil e un calendario co que organizarse.

O que diferenza a Nextcloud Hub de Nextcloud, é Nextcloud Groupware, xa que en calquera instalación de Nextcloud podemos montar todos estos compoñentes, pero en Hub atópase todo empaquetado con ferramentas extras de xestión de proxectos e un OnlyOffice adaptado (tamén se pode optar pola versión online de LibreOffice).

E a gran diferenza con outras solucións como Google Docs ou Office 365, Nextcloud Hub pódese instalar no servidor que desexe o usuario ou empresa.

Vídeo introductorio a Nextcloud Hub

Máis información na web oficial do proxecto

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal