Esta fin de semana terá lugar a IV edición da Open Source Hardware Demonstration (OSHWDEM 2015) na Domus. Un ano máis esta feira da tecnoloxía aberta chega da man de Bricolabs.
A principal novidade deste ano, é a celebración dun concurso de robótica escolar que terá lugar o xoves 5 de novembro durante a mañá. Trátase dunha competición de robots segue liñas para equipos de estudantes de segundo ciclo de ESO e Bacharelato cuxos centros educativos se inscribiran no mesmo antes do 15 de outubro. Esta competición será ademais puntuable para a LNRC (Liga Nacional de Robótica de Competición) na categoría de estudantes.
As tardes dos xoves e venres estarán adicadas á celebración de obradoiros relacionados co Hardware libre a fin de difundir esta filosofía e achegar o coñecemento a todas as persoas interesadas en plataformas e ferramentas libre, mentres que o sábado comezará ás 10 da mañá a exhibicion propiamente en paralelo con novos obradorios, relatorios e concursos.
Os obradoiros son de acceso libre e gratuíto, aínda que con prazas limitadas, polas características dos obradoiros e as aulas nas que se imparten, polo que é imprescindible inscribirse previamente.
O sábado 7 de novembro , a partir das 10:00 da mañá comezará a exhibición da OSHWDem nas salas dedicadas e ao mesmo tempo haberá relatorios, competicións e concursos tanto no espazo de exhibición como noutras dependencias do museo.
A asistencia á xornada é tamén de carácter gratuíto previa inscrición na mesma.
Os horarios das actividades serán os seguintes:
Xoves 5 de novembro
- 10:00 Competición de robótica escolar
- 16:30 Obradoiro de segueliñas analóxico (A partir de 15 anos)
Venres 6 de novembro
- 16:00 Obradoiro de Impresión 3D
- 16:30 Obradoiro de Música electrónica (A partir de 12 anos)
- 19:00 Charla sobre “Drones”
- 20:00 Mesa redonda. Como introducir a robótica e as novas tecnoloxías no ensino.
Sábado 7 de novembro
- 10:00 Apertura de portas
- Recepción de asistentes
- Galletas open source de benvida para os máis madrugadores
- 10:00 – 20:00 Exposición ininterrumpida de proxectos
- 10:30 Charla inaugural – Sala exposición
- 11:10 Minicharlas e Minitalleres
- 12:30 Quiz (Concurso de preguntas) – Sala exposición
- 11:00-14:00
- 16:00-19:30
- 16:00 Competición de resolución de labirintos
- 16:30 Obradoiro de circuítos impresos mediante método fotográfico (A partir de 16 anos)
- 18:00 Competición de robots de combate
- Desafíos e sorteos
- 21:00 Despedida e peche
A OSHDEM2015 é organizada por Bricolabs e conta coa colaboración de Ghandalf, bricogeek, cetronic, GADIS, Natalia Gómez deseño gráfico e ilustración, os Museos científicos do concello de A Coruña e a FECYT.
A colaboración da asociación GHANDALF realízase no marco do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do software libre e forma parte das actividades incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
