Mancomún

Nova versión de Ubuntu 8.04 Hardy Heron LTS

Venres, 25 Abril 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngA nova versión de Ubuntu, a 8.04 LTS, con nome en chave “Hardy Heron” saíu oficialmente onte á luz. Para Mark Shuttleworth (blogue), o fundador de Canonical, con esta versión tiveron “o mellor ciclo de versionado da distribución desde o comezo da planificación hai xa un ano”.

O estado actual da tradución ao galego desta nova Ubuntu é o seguinte:

Ítems a traducir: 411856
Sen traducir: 187828
 50.07% traducido e revisado,  0.73% changed,  3.59% novas traducións pendientes de revisar 45.61% sen traducir 

 

Esta nova versión, ademais de poder descargala desde a páxina oficial e outros mirrors, conta cun mirror moi cercano como é o de OUSLI (Ourense Software Libre). Entre outros, o mirror ofrece descargas de:

  • Ubuntu gutsy e hardy (i386):
    deb http://mirror.ousli.org/ubuntu main restricted universe multiverse backports proposed security updates
  • Debian etch (i386):
    deb http://mirror.ousli.org/debian main contrib non-free security
  • Fedora (i386, x86_64, sources)
  • CentOS (i386, x86_64, sources)
  • OpenOffice.org en galego

Ademais Ubuntu está empezando a chegar aos medios de prensa máis xeneralistas grazas aos seus programas de difusión como entrevistas na prensa (xornal Público) ou a través de diversos sketch en programas de televisión como en Muchachada Nui en RTVE:

.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal