ImageShack Corp., o maior sitio web independente de aloxamento de fotos, con máis de 33 millóns de visitantes únicos mensuais, acaba de lanzar unha serie de novas ferramentas para usuarios de Twitter e desenvolvedores de aplicativos.
Tweetero de ImageShack é un cliente de código aberto de Twitter para iPhone e iPod Touch de Apple. O aplicativo engade funcións bastante estándares que o usuario esperaría atopar nun aplicativo móbil de Twitter. As principais funcións que nos ofrece Tweetero son: a posibilidade de ver as actualizacións dos nosos amigos, as respostas e enviar e recibir mensaxes directas. Ademais, o que fai destacar a Tweetero sobre os seus competidores é a súa gran flexibilidade xa que existe a posibilidade de subir fotos aos seus competidores con TwitPic. Imageshack convida á comunidade de código aberto a participar no desenvolvemento deste produto.
O código fonte de Tweetero podes atopalo en: www.tweetero.com
Fonte:
http://www.laflecha.net
