chaRMe é un motor web para a xestión de riscos, que, a día de hoxe, é compatíbel cos pasos necesarios para implementar, manter e mellorar un sistema de xestión da seguridade da información (ISMS) de acordo coas directrices da ISO/IEC 27001. Ademais tamén funciona co estándar internacional de seguranza para as tarxetas de crédito (PCI DSS).
Con chaRMe poderás xestionar todas as medidas necesarias da norma ISO 27001, desde a definición do ámbito da aplicación de ISMS, a documentación de requirimentos de cumprimento, as medidas de risco e a xestión deste, a través da xeración automática da documentación necesaria; todo isto coa súa sinxela interface.
A nova versión pode descargarse como unha máquina virtual que trae xa o aplicativo preinstalado e listo para usar.
Nesta última versión, e debido á demanda dos seus usuarios, os desenvolvedores tiveron que modificar a folla de ruta e decidiron incluír unha interface multiidioma (actualmente só está traducido ao inglés, alemán e chinés mandarín) e engadir unha barra de navegación rápida para unha xestión dos riscos moito máis sinxela e rápida.
Descarga do aplicativo:
Máquina virtual: http://www.secopan.de/downloads/chaRMe-v.0.5.7z
Código fonte: http://charme.svn.sourceforge.net/viewvc/charme/
