Novidades de Samba 4.11

Venres, 27 Setembro 2019

Nova versión de Samba 4.11.0 (implementación libre do protocolo de arquivos compartidos de Microsoft Windows para sistemas de tipo UNIX, servidor multifuncional que proporciona servidor de arquivos, servizo de impresión e servidor de identificación) con melloras, novas características e correccións de erros.

Samba 4.11.0 é compatible coa implementación de Windows 2000 e capaz de servir a todas as versións de Microsoft compatibles de clientes de Windows, incluído Windows 10.

Novidades destacadas: o modelo de inicio do proceso prefork permite manter un grupo de procesos de controlador pre-executados, modificouse o método de almacenamento da base de datos de Active Directory no disco, smbclient e smbcacls teñen unha nova opción que permite anular a configuración de smb. conf., Samba foi tamén optimizada para traballar en organizacións moi grandes ata 100 mil usuarios e 120 mil obxectos, mellora na reindexación e operacións de unión de dominio para grandes dominios AD, o servidor LDAP aumenta a eficiencia da memoria ao xerar respostas LDAP grandes ao eliminar copias duplicadas de datos na memoria.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal