Número 27 – Outubro 2016

Mércores, 5 Outubro 2016

Novas

Formación e eventos

Caso de éxito

Logotipo do concello de newcastleMigración a un SIX Libre no concello de Newcastle

O caso de éxito que presentamos foi presentado na pasada International QGIS Conference, que se celebrou en España, en Girona, e que trata sobre a migración dunha administración pública, neste caso o concello de Newcastle á un sistema de información xeográfica corporativo, no que se empregou como base QGIS. Deixamos o enlace tanto á presentación como ao vídeo da mesma, ambos en Inglés.

O proxecto supuxo unha migración completa motivada entre outras cousas polos altos custos de mantemento da solución privativa que tiñan ata ese momento, non só en licenzas senón en necesidades de hardware para acadar un rendemento aceptable ou debido á infrautilización das funcionalidades polas que estaban a pagar.

Proxecto destacado

Logotipo de Qgis

QGIS: Sistema de Información Xeográfica libre

QGIS é un Sistema de Información Xeográfica (SIX) de Código Aberto licenciado baixo GNU – General Public License. QGIS é un proxecto oficial da Open Source Geospatial Foundation (OSGeo). Funciona sobre Linux, Unix, Mac OSX, Windows e Android e soporta numerosos formatos e funcionalidades de datos vectoriais, datos ráster e bases de datos.

É un proxecto xestionado por voluntarios, onde calquera persoa está invitada a colaborar ben sexa como desenvolvedor, tradutor, xerando documentación ou dando soporte aos usuarios. Este carácter voluntario non quita que conte, por exemplo, cunha infraestrutura estable que lle permite mesmo ofrecer soporte comercial a través de potentes organizacións.

Segue a…

twitter_bird_logo

Tim Sutton (@timlinux) Presidente do Comité de Dirección Técnica do proxecto QGIS.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal