A nova aula da Rede, aberta o pasado día 3 de xaneiro, conta xa con 38 usuarios e u
suarias
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Vilagarcía de Arousa, vai impartir o seu primeiro obradoiro, que estará dirixido á poboación en xeral e terá lugar no CDSI de Vilagarcía.
O obradoiro constará de 4 sesións de 2 horas cada unha e impartirase desde o 26 até o 29 de xaneiro, en horario de tarde, de 18.30 a 20.30 horas. O número máximo de participantes será de 11.
En cada unha das sesións, amosaranse os contidos necesarios para poder usar o teclado e o rato, algunhas cuestións básicas sobre Informática e tamén iniciación á Internet, para o que se usará o sistema operativo baseado en software libre e traducido ao galego, Ubuntu…
As persoas interesadas que desexen inscribirse, poderán facelo a partir do 19 de xaneiro no CDSI de Vilagarcía de Arousa, situado na Avda. Juan Carlos I, nº 21, nas seguintes horas:
-
De luns a xoves polas mañás de 10:30 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:30 horas.
-
Os venres polas mañás de 9:30 até as 15:00 horas.
Pódese solicitar máis información a través do teléfono 986.185.715.
