{mosimage}O Mini DisplayPort, una versión miniaturizada creada por Apple do DisplayPort será estándar en todos os novos portátiles.
O grupo de estándares VESA revelou os detalles da versión 1.2 do DisplayPort, que será a próxima versión do conector de pantalla. Esta tecnoloxía duplica a cantidade de largo de banda dispoñíbel e permite producir imaxes mellores que o actual estándar 1.1 ou que o DVI dual-link. Como mínimo permitiría preto de 4K de resolución 3840×2160 a 60 cadros por segundo e mais de 30 bits de color, a especificación actual limítase a 2560×1600 na mesma calidade.
A versión 1.2 fai o DisplayPort moito mais práctico para os portátiles, e espérase utilizar o Mini DisplayPort de Apple como o estándar oficial, para o que se encollerá o conector para obter máis espazo. O formato de saída xa estaba dispoñíbel baixo licenza libre, pero agora acaba de de ser adoptado oficialmente polo grupo VESA.
A confirmación da participación de Apple e todas as especificacións do estándar deben ser publicadas a mediados de 2009; os dispositivos que utilizan 1.2 debería estar dispoñíbeis pouco despois.
