Mancomún

O Centro de Investigación Príncipe Felipe crea unha base de datos para o deseño de fármacos cunha metodoloxía aberta e libre

Martes, 5 Maio 2009

O novo proxecto posto en marcha desde o CIPF encádrase dentro da chamada “Tropical Disease Initiative” que se concibe como unha iniciativa descentralizada e comunitaria, baseada no traballo colaborativo a través da rede, e onde científicos, universidades, empresas, institutos, etc.. poden traballar conxuntamente. Dentro da Tropical Diseases Initiative (TDI) agrúpanse investigadores europeos, americanos e australianos co obxectivo de desenvolver fármacos “en aberto” para enfermidades tropicais.

O concepto que hai detrás desta iniciativa inspírase no movemento do software libre de programas de computador, como un paso para que a investigación poida expandirse e ramificarse. Esta filosofía de traballo está sendo utilizada polos investigadores de todo o mundo para a busca de tratamentos en enfermidades que aínda carecen deles.

Desta maneira, a información encóntrase dispoñíbel na páxina www.tropicaldisease.org na que calquera científico do mundo pode descargarse os datos xerados desde o CIPF e seguir investigando.

“Combinamos computación e bioloxía para que calquera investigador poida seguir desenvolvendo e chegar a unha lista de candidatos a fármacos, en moito menos tempo”, comenta o investigador Marc Marti-Renom…
Este acceso libre a toda a información desde internet multiplica as posibilidades de encontrar resultados positivos no proceso de descubrimento de novos fármacos potenciais para enfermidades con efectos devastadores en poboacións con poucos recursos.

Máis información na nota de prensa orixinal do CIPF:
http://www.cipf.es/Actualidad/?lang=es&op=2&idnota=61

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal