Mancomún

O Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e espectáculos do CIFP A Farixa traduce a aplicación Celtx

Luns, 4 Maio 2009

CeltxFonte: Canle 4

Na rolda de galeguización G11n en Mancomún, veñen de comentar a dispoñibilidade da versión 2.0 do aplicativo Celtx en galego. A tradución foi levada a cabo coa colaboración do Departamento de Comunicación, Imaxe e son do CIFP A Farixa. A nova anunciouse a través de Canle 4, que é a ferramenta de comunicación co CIFP.

Sobre Celtx dicir que é unha ferramenta libre que permite xestionar todo o proceso de preprodución dunha película, curtametraxe, videoclip ou calquera outra obra audiovisual. Está pensado para que produtores e guionistas poidan realizar a planificación, o guión, ou o storyboard de xeito conxunto a través da rede e publicalo nunha web pública ou privada co fin de promover o proxecto e compartir ideas.

As versións anteriores deste aplicativo foron traducidas por enfeitizador, Tblijo e Ana3tri entre outros… como no seu día xa vos informamos desde Mancomún. Máis información en http://celtx.com/

Para información sobre a localización de Celtx, visite o seguinte URL:
http://wiki.celtx.com/index.php?title=Category:Translating_Celtx

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal