Mancomún

O Concello de Ames organiza un curso sobre navegación segura na rede da man do GGUL GALPon

Mércores, 13 Maio 2009

NAvegación seguraCo gallo do Día da Internet o Concello de Ames coa colaboración co GGUL GALPon organiza un relatorio sobre "Navegación segura na internet".

O relatorio, guiado polo vicepresidente da asociación, Miguel Anxo Bouzada, terá lugar o sábado 16 de maio as 18:00 horas na Casa da cultura do Milladoiro, co programa que reproducimos a continuación:
Navegación segura na Internet

Os perigos da Internet.

  • As diferentes técnicas de agresión na rede

  • Como navegar de xeito seguro.

  • A privacidade e a seguridade.

Actitude dos navegantes ante os perigos da internet.
Actitude dos pais e/ou educadores de cativos e mozos navegantes.

Que é o "control parental".

  • As técnicas restritivas/represoras fronte ás técnicas educadoras.

    • A técnica da "cadeira á eira" como a mellor protección parental.

    • Ferramentas de "control parental".

    • Portais especializados.

Fonte da nova: GALPon

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal