O editor de código NetBeans en busca do mecenado da Apache Foundation

Luns, 26 Setembro 2016

Logotipo NetBeans Recentemente fíxose pública a petición de incubación feita por Oracle para que o proxecto NetBeans pase a formar parte da Apache Foundation e sexa esta organización a que provea dos recursos necesarios para a súa continuidade.

NetBeans seguiría a enfocarse nas liñas de desenvolvemento actuais mentres continúe a ser apoiado por Sun Microsystems e Oracle. O proxecto seguiría centrándose principalmente na subministración de ferramentas para o ecosistema Java, á vez, que tamén ofrecería soporte en ferramentas para outros ecosistemas, linguaxes e tecnoloxías, como JavaScript, PHP e C/C++.  
NetBeans naceu en 1995/96, en Praga, na República Checa. O autor foi Roman Stanek e a iniciativa orixinoulle como un proxecto de estudios. Foi Sun Microsystems quen adquiríu e abriu o seu código en 2000. Finalmente, coa adquisición de Sun Microsystems por Oracle en 2010, converteuse en parte de Oracle. Ao longo da súa historia na Sun Microsystems e Oracle, NetBeans foi un proxecto de código aberto.

NetBeans é un contorno aberto de desenvolvemento, plataforma de ferramentas e estrutura de aplicacións, utilizado por 1,5 millóns de persoas na actualidade.

A pesares de que NetBeans xa é de código aberto, a migración cara un lugar neutro, como é a Apache Foundation, co seu modelo de gobernanza forte esperase que se mellore o número contribucións de diversas organizacións. Por exemplo, as grandes empresas están utilizando NetBeans como base para a construción de aplicacións internas ou comerciais e serían moito máis propensas a contribuír en tanto que o proxecto se mova para a unha zona neutral como a Apache Foundation.

Aínda que Oracle vai renunciaría ao control sobre NetBeans, esperase que Oracle continúe a contribuír no IDE tras ser movido a Apache, xunto con colaboracións individuais doutras organizacións, así como contribucións individuais independentes.

Netbeans actualmente posúe dobre licenza, CDDL+GPLv2. Asumese que ao entrar na Apache foundation, a licenza do IDE será migrada hacia a Apache License.

Funcionamento da Apache Foundation

Unha das funcións máis relevantes da Apache Foundation é a de actuar como incubadora para os proxectos baixo o seu control. Esta acción a acada facilitando a infraestrutura necesaria para o desenvolvemento e mantemento dos proxecto de software libre como son os bug trackers, as roldas de correo ou mesmo os repositorios de código por poñer exemplos.

A Apache Foundation aloxa na actualidade a máis de 300 iniciativas de software libre sendo todas elas solucións globalmente contrastadas e recoñecidas. Máis preto de nós e con ámbito máis local, está a Forxa de Mancomún que ofrece todo un conxunto de ferramentas e servizos para o despegue de proxectos de software libre feitos particularmente na nosa rexión ben pola propia administración pública coma por propios particulares.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal