Mancomún

O software de impresión HPLIP renóvase

Martes, 21 Maio 2019

O software libre para impresión e escaneado da firma HP que permite empregar as impresoras en GNU/Linux, o HPLIP (HP Linux Imagining and Printing), ven de anunciar a versión 3.19.5 con novidades como o soporte para Debian 9.8, Ubuntu 19.04, Fedora 30, así como o soporte para novas impresoras e multifuncións. Para máis información convén visitar as notas da versión.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal