O luns 14 de xullo, Mancomún en colaboración coa Rede de Dinamización, comeza en Ponteareas o curso de formación específica sobre folla de cálculo I con OpenOffice.org Calc, cunha duración de 15 horas. O curso será impartido na Aula de Dinamización do Conservatorio de Música Reveriano Soutullo en Ponteareas, rúa Castiñeira nº1 na vila de Ponteareas. O horario do curso será o seguinte:
- desde o luns 14 de xullo até o mércores 23 de xullo de 10:00 a 12:00, cunha duración total de 15 horas.
Toda aquela persoa que asista a máis do 80 % das horas lectivas do curso levará un certificado oficial de asistencia ao mesmo, emitido pola Consellería de Innovación e Industria…
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
