Mancomún

Obradoiro de edición de textos con Latex na residencia Altamar

Venres, 16 Outubro 2015

O sábado 24 de outubro, celebrarase o próximo obradoiro correspondente ao 3º ciclo dos Sábados Libres na Altamar organizado por GALPon, que desta volta adícase á Edición de textos con LaTeX. Coma sempre, terá lugar na Residencia Xuvenil Altamar.

Banner do obradoiro de LaTeX

Este obradoiro de introdución a LaTeX estará dirixido por Miguel Cacho, usuario de LaTeX e profesor investigador na Universidade de Vigo. O horario do mesmo será o habitual, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 podendo prologarse o remate en función dos contidos.

Guión preliminar

  • Paquetes necesarios
  • Engadir ficheiros
  • Símbolos matemáticos
  • Cabeceira dun documento
  • Paquetes
  • Comezo do documento
  • Seccións
  • Formatado do texto
  • Táboas en Latex
  • Ligazóns
  • Incluir imaxes no documento
  • Compilar o documento e xerar o PDF

Dende a organización recomendan aos asistentes levar instalado o editor LaTeX e algunha interface de usuario, recollendo unha serie de páxinas con información sobre a instalación, que poderán servir de axuda aos que se estean iniciando nesta materia.

A asistencia a este obradoiro é de carácter totalmente gratuíto. Debido ás limitacións de aforo, e para facilitar o seguimento do obradoiro, hai un número limitado de prazas que se cubrirán por estrita orde de inscrición. Así pois as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse canto antes a través do correspondente formulario de inscrición.

Así mesmo poderá seguirse o desenvolvemento da actividade no «evento no G+»

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal