Mancomún

Obradoiro de OpenOffice.org avanzado na Universidade de Vigo

Martes, 3 Marzo 2009

GALPON

GALPon organiza un obradoiro avanzado da suite ofimática OpenOffice.org na Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio F. Filho.

O obradoiro está dirixido a aquelas persoas que empregan con regularidade procesadores de texto, follas de cálculo ou presentacións e queren explotar ao máximo as potencialidades desta completa suite ofimática libre.

O prazo de matrícula está aberto e remata o día 6 de marzo. Na web do vicerreitorado de extensión universitaria de Vigo pódese consultar a información necesaria para a proceso de matrícula.

As clases comezan xa a vindeira semana, os luns e mércores en horario de 16:00 a 19:00h, cunha duración total de 30 horas para dar conta do seguinte programa.

 

Este novo obradoiro completa os anteriores ofrecidos por GALPON a través de Extensión Universitaria no campus de Vigo onde se ofrecía un nivel básico de introdución da suite ofimática por conta de Jose A. Fernández Troncoso e que publicou o material de traballo na súa web.
 
Fonte: GALPON
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal