- A Install Party 2009 celebraranse o xoves 5 e venres 6 de marzo
Visto na páxina da Asociación de Usuarios de Software Libre da USC:
“A Install Party 2009 é unha actividade organizada pola Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC), na que se axuda ás persoas participantes a instalar un sistema operativo GNU/Linux no seu equipo (portátil ou sobremesa) de xeito que ao final da actividade teñan un sistema operativo plenamente funcional, con todo tipo de aplicativos libres tanto de traballo (ofimática, desenvolvemento de software, deseño gráfico, multimedia, …) como de ocio e diversión.
A actividade está aberta a estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, mais terán preferencia os estudantes de primeiro curso de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas da USC.
Nesta edición da Install Party empregarase o novo sistema operativo en galego “Galinux” recentemente publicado polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, Mancomún . A cada participante faráselle entrega ao inicio da Install Party dunha copia en formato CD.
A Install Party 2009 celebrarase o xoves 5 e venres 6 de marzo de 2008 na aula I8 da escola Técnica Superior de Enxeñaría, situada no Dpto. Electrónica e Computación. Cada sesión comezará ás 12h00 e terá unha duración estimada de 2 horas…
Para máis información sobre a actividade, rexistro e participación, consúltese a información na páxina de AULUSC.
