Mancomún

Obradoiro sobre ikiMap na Coruña

Mércores, 11 Xaneiro 2012

Logo de xeoinquedosA asociación Xeoinquedos, da que xa temos informado noutras ocasións, organiza para o vindeiro día 13 de Xaneiro un obradoiro sobre a plataforma ikiMap.

IkiMap é unha rede social para compartir mapas e información cartográfica. Trátase dun servizo gratuíto que permite aos usuarios rexistrados publicar e compartir os seus mapas en Internet, recibir comentarios, achegas e valoracións doutros usuarios. Logo de ikimapEsta ferramenta foi desenvolvida integramente empregando tecnoloxías libres por Sixtema, empresa galega ubicada en Santiago e orientada a asesorar e desenvolver novas ferramentas no campo da informática e os Sistemas de Información Xeográfica.

O obradoiro comporase de dúas partes, unha máis teórica onde se falará do que é ikiMap, das súas orixes, do camiño percorrido, do estado actual, da creación da API así como do concepto de ikiMap Labs de posteriormente dunha parte práctica na que verá exemplos de desenvolvementos para que ao final os asistentes sexan quen de crear os seus propios aplicativos facendo uso da API de ikiMap.
O obradoiro celebrarase pois este venres 13 a partir das 16:00 horas na ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, da Universidade de A Coruña. coa colaboración de Cartolab, e por suposto da xente da empresa Sixtema, creadores de ikiMap.

Durante a xornada, orientada a coñecer en profundidade a plataforma, trataranse os seguintes contidos:

Introdución a ikiMap:

  • Presentación de ikiMap, na que se fará un breve resumo da plataforma.
  • A evolución de ikiMap. Orixes e evolución de ikiMap no tempo
  • ikiMap como plataforma, non como aplicativo. O cambio de aplicativo web a plataforma en torno á que traballar, compartir e colaborar por parte da comunidade
  • API de ikiMap. Descrición da API
  • ikiMap Labs. Descrición.

Obradoiro:

  • Reparto de keys de desenvolvedor.
  • Exemplos: buscas, subidas de mapas, etc…

Para asistir non é preciso dispoñer de coñecementos previos extensos en ningunha linguaxe de desenvolvemento, segundo os organizadores só se precisan ganas de aprender e pasar un bo rato en compañía de xente coas mesmas inquietudes.

A asistencia ao curso é totalmente gratuíta e só é preciso inscribirse a través do formulario habilitado ao efecto para levar un control da asistencia debido ao aforo limitado.

Fonte: Xeoinquedos

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal