Mancomún

Obradoiros de capacitación en realidade virtual e aumentada con Software Libre

Martes, 13 Novembro 2012

O Centro Demostrador TIC de Galicia para a última semana do mes de novembro unha serie de obradoiros para a capacitación en Realidade Virtual e Realidade Aumentada agrupadas baixo o epígrafe “Talleres de capacitación sobre novas tendencias tecnolóxicas para PEMES” no que se empregarán ferramentas con licenza libre naqueles aspectos onde existen solucións libres de calidade que cobren as necesidades eficazmente.

Logotipo do CDTICOs seminarios serán impartidos por persoal con ampla experiencia profesional que ofrecerán unha formación básica onde se darán a coñecer os procesos de identificación, análise, creación e xeración de contidos de Realidade Virtual e Realidade Aumentada utilizando ferramentas de software libre, amosándose casos de éxito e as súas aplicacións.

A asistencia é gratuíta, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña no portal web http://cdtic.xunta.es/formacion

O 26 de novembro de 10:00 a 14:30 terá lugar o primeiro dos seminarios, “Aplicacións da realidade virtual e a realidade aumentada na empresa”, dirixido a directivos xerentes, directores de proxecto, xefes de oficina técnica e directores comerciais. Este seminario, de carácter divulgativo, versará sobre as diversas aplicacións e posibilidades que ofrece a Realidade Virtual e Aumentada na fabricación industrial, na construción, no turismo, formación ou sanidade.
Este seminario abrirao o relatorio Levar o virtual ao real. Taking virtuality to reality” impartido por d. Miguel Motos, Director Area de RV & Simulación en Ingevideo con máis de 15 anos de experiencia na implementación de sistemas avanzados de Realidade Virtual.

A continuación, de 11 a 14 horas D. Miguel Río Bujía, experto Informático en Ferramentas de Software Libre para Realidade Virtual do Centro de Realidade Virtual do CIS Galicia impartirá o obradoiro de capacitación co seguinte programa:

  • Que é a realidade virtual?
  • Aplicacións de realidade virtual
  • Proceso de creación dunha simulación de realidade virtual
  • Casos de éxito
  • Que achega a realidade aumentada?
  • Aplicacións da realidade aumentada
  • Visita á cave de RV do CDTIC e demostración de aplicacións.

Do 27 ao 30 de novembro celebraranse o resto de obradoiros cun carácter máis técnico e dirixidos a profesionais dos sectores TIC, industrial (madeira, metal, mecánica, bens de equipo…), arquitectura e deseño, retail, audiovisual e comunicacións.

A programación dos seminarios é a seguinte:

  • Introdución á xeración de aplicacións de Realidade Virtual”, martes 27 de novembro de 10:00 a 14:30, impartido por D. Miguel Río Bujía, experto Informático en Ferramentas de Software Libre para Realidade Virtual do Centro de Realidade Virtual do CIS Galicia.
    • Definición e usos da realidade virtual:
    • Modelos 3d. Definición
    • Texturizado. Optimización
    • cnicas de simulación de xeometría
    • Escena
    • Motores gráficos
    • Visita á cave de RV do CDTIC e demostración de aplicacións
  • “Creación de contados 3D para Realidade Virtual”, mércores 28 de novembro de 10:00 a 14:30, impartido por Dª Lucía Rodríguez Quiroga, Graduada en Enxeñería pola UDC e experta en Deseño e Modelado 3D do Centro de Realidade Virtual do CIS Galicia.
    • Toma de fotografías para: Texturizado, entorno Medición
    • Creación dun modelo de base a partir de fotografía (photomodeler)
    • Creación da escena virtual. Modelado, texturizado e edición de imaxes: creación elemento principal, creación do entorno próximo (en 3d), creación do entorno alonxado (en 2d)
    • Iluminación da escena e render to texture
  • Realidade Virtual na web. UNITY3D”, xoves 29 de novembro de 10:00 a 14:30, impartido por D. Ángel Casas Polo, Licenciado en Informática pola UDC e experto en Análise, Desenvolvemento e Integración de aplicacións do Centro de Realidade Virtual do CIS Galicia
    • Introdución á realidade virtual
    • Descrición xeral da ferramenta e interface de traballo
    • Importación de xeometrías
    • Descrición dunha escena
    • Interfaces gráficos
    • Programación de interaccións
    • Casos prácticos
  • Xeración de aplicación de Realidade Aumentada”, venres 30 de novembro de 10:00 a 14:30, impartido por D. Ángel Casas Polo, Licenciado en Informática pola UDC e experto en Análise, Desenvolvemento e Integración de aplicacións do Centro de Realidade Virtual do CIS Galicia
    • Introdución á realidade aumentada
    • Motores de realidade aumentada: papervision e artoolkit, ogre, …
    • Importación de modelos 3d
    • Xeración de marcadores
    • Programación de aplicacións de r.a.
    • Animacións en r.a.
    • Casos prácticos
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal