Do 16 ao 19 de febreiro celébrase en Barcelona a décimo terceira edición de GSMA Mobile World Congress.
Este ano, probablemente, o tema estrela non serán os despregamentos de redes, nin ningún novísimo terminal, senón a proliferación do software libre na telefonía móbil.
A industria dos móbiles está a abrir progresivamente as súas plataformas propietarias, como Symbian, ou adoptando Android ou Limo. Practicamente todos os fabricantes lanzaron xa algún terminal baseado en Linux. Para eles, abrir e estandarizar o software é unha forma de reducir custos de mantemento e tamén de innovar. A idea dos fabricantes é proporcionarllles ás empresas manufacturadoras de equipos un software base sobre o que poidan desenvolver aplicativos de valor engadido.
Os fabricantes de chipsets continuarán mellorando a compatibilidade para Android, Limo e Moblin…
Fonte orixinal da nova:
http://www.lapastillaroja.net/
