Open Source Summit e Embedded Linux Conference, experiencia virtual

Martes, 23 Xuño 2020

A Open Source Summit + Embedded Linux Conference North America 2020 agora é unha experiencia virtual, que terá lugar do 29 de xuño ao 2 de xullo.

A organización está intentando crear unha experiencia dixital inmersiva que proporcione contido interactivo e experiencias de colaboración. Teremos a posibilidade de conectarnos con outros asistentes, asistir a presentacións con preguntas e respostas en vivo e interactuar cos patrocinadores en tempo real.

Open Source Summit + Embedded Linux Conference North America 2020

A conferencia centrarase no futuro do código aberto.

Para asistir á conferencia en liña non é necesario descargar ningunha aplicación, poderase seguir a través de calquera navegador moderno. Unha vez que o evento termine, todos os asistentes poderán acceder ás sesións e a outros contidos e recursos da plataforma do evento durante un ano. Ademais, todas as sesións gravadas serán transferidas á canle de Youtube da Linux Foundation.

Calendario

Tedes dispoñible en liña o calendario completo do evento nesta ligazón.

Algúns dos confereciantes destacados

Rexistro

Podedes rexistrarvos no evento a través desta ligazón.

Máis información na web oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal