OpenPilot, código aberto para automóbiles autónomos

Mércores, 29 Maio 2019

Os automóbiles autónomos revolucionarán a industria automotriz nun futuro próximo. Comma.ai, co seu software OpenPilot, busca facer que a condución sexa máis eficiente e segura.
Openpilot é un axente de condución independente de código aberto (con licenza MIT) que realiza control de cruceiro adaptativo (ACC) e asistencia de mantemento de carril (LKAS), tamén utiliza o bus CAN do vehículo para ler datos do radar e do tren motriz, tomar decisións e escribir mensaxes no bus para acelerar ou desacelerar o automóbil e virar o volante.
O código fonte de Openpilot está dispoñible en GitHub.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal