Mancomún

OpenPYME, o portal para fornecer ás PEME con SwL

Mércores, 18 Novembro 2009

OSL da universidade da LagunaDurante a recente II xunta directiva de ASOLIF (Asociaciones de Software Libre Federadas) tivo lugar a presentación do portal OpenPYME.osl.ull.es, un portal desenvolvido pola universidade de La Laguna (Canarias) e dirixido a fornecer ferramentas libres ás PEMES. Este portal conta cunha completa listaxe de aplicativos empresariais e cada unha delas avaliada tecnicamente pola universidade.

Segundo informa o proxecto, a información contida neste portal, é autoactualizable de maneira que tanto os datos como os binarios dispoñíbeis sexan sempre os últimos e estables.

Ademais inclúen ligazóns a outros catálogos de software libre empresarial similares ao seu, entre os que se atopa o noso DVD – Ferramentas informáticas para a peme.

Hai que subliñar que esta iniciativa da oficina de software libre da universidade de La Laguna ten unha iniciativa análoga en Andalucía, tamén chamada OpenPyme, e trátase dunha organización creada co obxectivo de fomentar o uso das TIC empregando os recursos que ofrece o software libre e os organismos das administracións publicas.

Esta organización participa no programa NovaPyme da Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa da Junta de Andalucía coordinado pola RETA, como provedor homologado en recursos de software libre, con sistemas ERP, CMS, rexistro de dominios, realización de paxinas web, ofrecendo un servizo gratuíto de consultoría.

Fonte: agnix.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal